Non tiven moitos encontros con Manuel Fraga traballando, quizais non pasen de 10, tampouco lembro ben onde foron, si que recordo que eran intensos e respirabase tensión, todo tiña que estar en orden, Fraga ia maior caera facía pouco, e habìa que ter coidado. Os cables polas esquiñas, pegado con cinta ao chan, non cruzalo por onde el ia a pasar... Se Fraga caía por tropezar nun cable teu, estabas sentenciado.
Lembro unha inauguración en Coruña, nos estábamos nun balcón para facer un directo e debaixo estaba o cocktail. Fraga estaba nun dos corrillos de 4 ou 5 persoas e xusto detrás del unha nai co seu fillo na silla, a un camareiro caeulle unha bandexa de copas vacías moi preto da silla do neno, houbo un silencio eterno ata que Fraga deuse a volta e botoulle un rapapolvos o camareiro que seguro que non se lle esquece na vida.
Coñecendo algún deses precedentes, tocoume a gravación dun documental sobre o Eixo Atlántico Galicia-Portugal que dirixia Manuel Campo Vidal, i ese dìa iamos gravar unha entrevista a duas cámaras o despacho de Fraga. Foi xusto despois da derrota electoral con Touriño e Quintana no 2005. Pasaran 15 dìas e xa parecía asumida. Foi todo moi protocolario. Estábamos fora do despacho esperando pola sinal para poder entrar. Coma nun pit stop da Formula 1, cada un co seu equipo para entrar, situarse, iluminar, poñer os micros e ter todo preparado no menor tempo posible e non facelo esperar demasiado.
O sinal chegou e procedimos a montar mentres Campo Vidal intercambiaba unhas palabras con el co fin de abonar o terreo e minimizar a espera. "Tomense ustedes el tiempo que les haga falta" o decìa dunha forma rotunda e sen chistes, so faltaballe engadir, "hagan su trabajo y no me cuenten su vida". Foron as primeiras palabras que lle escoitei e case as únicas ata o momento de comezar a entrevista. Pensei que Fraga ia a ter unha especie de "respeto" pola figura do xornalista, un clasico de TVE na década dos 80 e conductor dos primeiros debates televisados en España. Pero non foi asì, era duro, pragmático, cada palabra cortaba o aire, pero a vez meditada e coherente, se tardamos 10 minutos en montar todo, el esperou case en silencio. A min tocoume xusto a súa dereita, tiña que dar o plano de Campo Vidal, estaba encaixonado entre a sua silla, a mesa, o trípode e un moble con libros e figuras detrás miña.
Fixose a entrevista non maís ala de 10 minutos, respostas claras e lucidas, sorprendía que non necesitara saber que lle ian preguntar, daba a impresión que non tiña medo a que o pillaras nun renuncio, máis sabendo que o tema con Portugal non lle interesaba demasiado. Acabamos i eu solo pensaba en moverme rápido do meu sitio para deixarlle vía libre para poder sair. Asì foi, collìn cámara e trípode no aire e movinme intentando non dar coas patas na mesa e no moble, pero esquecin o brazo do trípode, con tal mala sorte que o xirar no aire o brazo tirou unha estatua do moble, non sabìa cal era, pero El si.
Xireime rápido a recollela do chan, por un intre esperei un cachete, un grito. Cando din a volta dinme conta do que era, un Cristo nunha cruz, agora en duas pezas, a cruz por un lado e o Cristo por outro. Apuntar que o Cristo estaba enganchado a cruz con clavos de caña, por iso soltouse tan fácil. El socarrón pero serio soltou:
"Acaba de producirse un Milagro, agachese, recojalo del suelo, dele usted un beso y pongalo en su sitio".
Sen gritar pero con esa voz seria de ultratumba, sen risas pero cun humor bastante negro. Por un intre e alí agachado entendìn que debía facerlle caso intentei recompoñer o Cristo, e incluso fixen o amago de darlle un bico. O seu alento notabao enriba miña.
Co amago serviu, o puxen na estantería e marchen de alì, todo o pronto que puiden. Cando acabamos pregunteille ós compañeiros se escoitaran o que eu, non solo escoitaron tamén está grabado e guardado e as risas foron comúns. Algún día gustariame velo.
A milagre a que se refería, claro está, era que Xesus descendera da cruz, por fin.
"Hilaba fino".
que grande......
ResponderEliminarEl gran reserva es BRUGAL!
ResponderEliminarBRUTAL!
ResponderEliminar