Efectivamente podemos constatar, que este ano, en Galicia, non vai a visitarnos ningún dos clasicos, este ano o encargado de repartir os regalos é Sito Ponce e os seus cabalos. Como podemos ver na imaxe tratase do famoso piloto que, tirando dos seus cabalos, disponse a visitar a todol@s neno@s galego@s.
O habitual ate agora era ver a O Apalpador baixar da montaña co seu saco a costas, ou ben un señor gordo con barba tirandose pola chimenea co consiguiente destrozo. Pero este ano sorprendeunos na zona de Composteland, un señor de nome Sito Ponce, que a plena luz do día empregouse a fondo para chegar a tempo a todos os fogares. Ante o noso asombro, poidemos falar con el, e contounos que os seus cabalos revelaronse na sua contra, e conformaron un motín, por iso agora tocalle tirar deles. Quixemos contrastar a información e preguntamoslle os cabalos cal era a súa posición na disputa. "Nosotros Los Caballos, (todo en un castellano pulcro) estamos ya cansados de servir a tanta gente, trote para aquí, trote para allá, y hemos decidido que estas navidades sean otros los que pujen por nosotros". "Nos hemos puesto en contacto con el CRFU (Comite de Renos Federales Unidos) y nos han comunicado que secundan la Huelga y que le harán llegar la propuesta a la UCJ (Unión de Camellos Jorobados) para compartir opiniones y conseguir una unión total en nuestras reivindicaciones".
Con esta situación esperanse retrasos nas entregas e incluso perdidas de regalos polo camiño, xa que en palabras de Sito Ponce "A situación e insosteñible".
As asambleas dos animais todavía non deron datos oficiais, pero calculan que un 85% dos animais están a secundar a folga, por outra banda, o Governo cifra o seguemento nun 20%.
Con todo, os nenos, neste caso os maiores afectados, están nestes momentos facendo quedadas a traves da coñecida rede social Twitter co hashtag #nosinmisregalos donde estánse a mandar mensaxes de apoio ós animais e ameazas ós explotadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario